![]() |
||
Con motivo da nova axuda que concede a Xunta de Galicia para facilitar o acceso ós concellos á sociedade da información e, en concreto, para a posta en marcha de portais de comunicación cidadá, presentámonos como estudio de comunicación interesado en levar a cabo o seu proxecto de desenvolvemento. A través desta axuda a Consellería de Innovación e Industria pretende dotar de recursos financeiros a concellos galegos de tamaño intermedio para que poidan impulsar novas dinámicas sociais no ámbito da sociedade da información, a partir das leccións aprendidas nas experiencias pioneiras realizadas ao abeiro do programa Cidades Dixitais nos concellos da Estrada, Vilalba e As Pontes de García Rodríguez. Os obxetivos que se pretenden lograr refírense basicamente a dous aspectos: É por iso que nos diriximos a vostede para presentar a Anorak como un estudio adicado aos servicios gráficos e tecnolóxicos que necesitan as empresas, asociacións ou institucións. O noso obxectivo é dar solucións integrais ás necesidades dos nosos clientes, empregando as novas tecnoloxías para avanzar, destacar e innovar. En Anorak temos a capacidade de xestión e actuación para levar a cabo un proxecto das caracteristicas desta axuda. De feito, xa temos desenvolvido un portal do que xa se benefician os nosos clientes. O ANK Portal é unha aplicación Web que pode ser utilizada como portal, intranet, directorio, e-zine, e-comerce e moitas outras iniciativas Web. Todo o contido do ANK Portal, estructura, disposición e estilo pode ser xestionado dende un panel de control, accesible dende calquera navegador. Isto significa que o portal pode ser mantido facilmente por persoal non técnico. Por iso cremos que supón unha solución axeitada para o seu concello, xa que facilitará a pubicación dos contidos e a través dos 30 módulos nos que se inclúen ferramentas como chats, taboleiros de anuncios, foros, enquisas, bolsa de traballo, directorios, axenda, boletín informativo, etc. E debido a que o prazo de entrega para a solicitude desta axuda remata o vindeiro 30 de xuño de 2006, estariamos dispostos a facerlles unha presentación do noso portal no seu Concello na maior brevidade posible, para que así poidan ver e valorar máis polo miúdo as caracteristicas do mesmo. Xa son moitos os que confian en nós. Destacamos entre os nosos clientes o Concello de Oleiros; a Asociación cultural e deportiva Panda; a sociedade de traumatoloxía Arriaza y asociados; o tour operador británico Eurowelcome; a Asociación Británica de Medicina de Ultrason (BMUS), A Sociedade Británica de Reumatoloxía (BSR), Carlos Fotógrafos, Aris, Pazo San Xiao, o receptivo turístico 4D Travel, e a multinacional SunGard entre outros. * - O prazo para presentarse será dende o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (30/05/06) ata o 30 de xuño de 2006. Se quere pode acceder os arquivos do DOGA con toda á información necesaria a traves dos seguintes enlaces: http://www.es.anorakstudio.com/news/subconcello1.pdf e http://www.es.anorakstudio.com/news/subconcello2.pdf. Para poder visualizar estes arquivos, é necesario ter instalado o Acrobat Reader que poderá obter gratuitamente no seguinte enlace: http://www.adobe.es/products/acrobat/readstep2.html .
|
||